Google+ Followers

jueves, 9 de abril de 2015

ACTUACIÓN DE PACO CAMPOS E  XOSÉ TABOADA
        NA MOSTRA DE ÁNXELES PENAS
         “EXPERIMENTOS E MATRICES”

NOTA DE PRENSA

  Paco Campos e Xosé Taboada actuarán o luns 13, as 8 do serán,  na galería Arte Imagen, co gallo da mostra de escultura e pintura de Ánxeles Penas “Experimentos e matrices”. Os dous son músicos de moita sona, cun longo currículo detrás, non só no eido da música, senon nos campos do teatro, da televisión, da escrita, etc. X.  Taboada é un extraordinario intérprete da frauta, gaita, acordeón, saxofón , etc  e  Paco Campos da guitarra, ao que se engade un amplo repertorio de cancións dos máis variados temas e mui especialmente de cancións de amor de todas as latitudes, dende a inmortal “As follas mortas” ao fado portugués ou tango argentino. Asimesmo, fan versións persoais de cantigas populares galegas ou inventan as propias. As súas actuacións son singulares, divertidas, cheas, ao mesmo tempo, de rexouba, de gracia e de espíritu romántico, é decir do verdadeiro espíritu da música que é – no decir de Nietzsche- o espíritu dionisíaco. Eles son fieles representantes dese espíritu pánico, vital, do que tanto saben as xentes da nosa terra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario