Google+ Followers

martes, 10 de mayo de 2016

Nueva exposición que se inaugurará el sábado

ESPAZOS ACUÁTICOS

Espazos Acuáticos, é un proxecto pictórico de Nolo Suárez, con unha visión particular da relación entre os seres humanos e o elemento da agua. Dende moi antigo os seres humanos teñen unha relación directa con diversos espazos de augas, ben para o seu aproveitamento, como para disfrute, como elemento curativo, como elemento en definitiva necesario para a vida.

Así Nolo, dende a súa visión particular pictórica, fai un repaso por espazos acuáticos, tanto naturais, como fervenzas, ríos, piscinas naturais, manantiais, pozas de augas , lagunas, etc. E tamén aqueles espazos artificiais, feitos polas persoas, como balnearios, piscinas, estanques, etc.

Unha relación intensa, unha relación armoniosa nalgúns casos, ou aproveitativa-destructiva noutros, e tamén contaminante, polos diversos residuos que se depositan nalgúns destes espazos de augas.

As gamas de cores azues, verdes, ocres, vanse mezclando cos brancos, intensificando a luminosidades, na fusión de espazos concretos con espazos abstractos, cos elementos referenciais e simbólicos, distintas superficies e materiais, van configurando unha plasticidade particular, fruto dun traballo reflexivo e explorativo.

Aparecen así tamén as sensacións acuáticas, dos corpos que van interrelacionar coas augas, nas súas relacións armónicas. O mesmo que espazos acuáticos con presencias de animais, como patos, troitas, que fan destes espazos, espazos de vida.
Mais tamén aparece en algunha obra, cores grises, ou cores escuros, facendo referencia os contaminantes, como elementosos plásticos que tanto veñen a aparecer ultimamente en ríos, mares, e diversos espazos das augas.

Unha visión pictórica particular, que tende a ser dinámica, relacional, comunicativa, armónica, entre os seres humanos e o elemento auga, mais tamén reflexiva e nalgúns casos de denuncia, para conservar, disfrutar, e seguir armonizando progreso, arte , cultura  e vida.



Nolo Suárez


No hay comentarios:

Publicar un comentario