Google+ Followers

martes, 18 de abril de 2017

Y este próximo viernes... Peña Romay inaugura su " Paisaxe habitada "

Baixo o título 'Paisaxe habitada' presento esta nova exposición na galería 'Arte Imagen' de A Coruña. A cidade contemporánea é a protagonista de gran parte dos cadros que a compoñen. Un terreo aboado e fértil en que o meu universo plástico arraiga con forza, na busca contínua de novos territorios a explorar.

Xeometrías, arquitecturas, gamas cromáticas, luz e sombra, volume, personaxes, superposicións de planos e espacios tridimensionais, son algúns dos elementos constantes na miña obra. Realidade e ficción mestúranse, sendo ás veces un todo. Intento que a mirada que proxecto sexa un crisol onde se produce a alquimia, a maxia. Ver e expresar máis aló do común e do simple e sobre todo lograr emocionar. Ese é o meu obxectivo, talvez difícil de acadar.

Este percorrido faime deter, con frecuencia, fronte ao mar, cuxa xeometría plana e cuxa forza cromática me atraen inevitablemente.

As acolledoras terrazas do bulevar convídanme a repoñer forzas. Mentres, soa a música dos artistas da rúa, que me emociona de novo. E pérdome entre o ir e vir das personaxes que habitan esta paisaxe.
Peña Romay- Paisaxe Habitada.